sábado, 11 de marzo de 2023

8 de marzo - "Elas argallan a nosa historia"

No mes de marzo conmemoramos o "Día internacional da Muller" e este ano baixo o lema "Elas argallan a nosa historia". Entre as actividades destacamos:

- Contacontos "Non a todas as nenas lles gusta o rosa" na Biblioteca do centro. Este conto foi interpretado por Flora (exalumna do Carballal e antiga presidenta da ANPA) e o profe Alberto.


- Obradoiro de sementes.
O venres recibimos a visita de Carmen Castro que foi mestra de Ed. Infantil no noso centro 34 anos. Preparounos un obradoiro de sementes e pasamos unha mañá moi especial e divertida.
O alumnado de 3 anos plantou leitugas, os de 4 anos amorodos e os de 5 anos chícharos



Por último plantamos na entrada do cole un CAMELIO todos/as xuntos!

Moitas grazas profe Carmen!

No hay comentarios:

Publicar un comentario