Esta semana recibimos a visita da Banda de Música da Escola Naval. Estivemos moi atentos/as as explicacións dos instrumentos e gozamos dunha xornada festiva escoitando e bailando cancións dos anos 70 e algunhas máis actuais.
sábado, 11 de marzo de 2023
8 de marzo - "Elas argallan a nosa historia"
No mes de marzo conmemoramos o "Día internacional da Muller" e este ano baixo o lema "Elas argallan a nosa historia". Entre as actividades destacamos:
- Contacontos "Non a todas as nenas lles gusta o rosa" na Biblioteca do centro. Este conto foi interpretado por Flora (exalumna do Carballal e antiga presidenta da ANPA) e o profe Alberto.
- Obradoiro de sementes.
O venres recibimos a visita de Carmen Castro que foi mestra de Ed. Infantil no noso centro 34 anos. Preparounos un obradoiro de sementes e pasamos unha mañá moi especial e divertida.
O alumnado de 3 anos plantou leitugas, os de 4 anos amorodos e os de 5 anos chícharos.
Por último plantamos na entrada do cole un CAMELIO todos/as xuntos!
Moitas grazas profe Carmen!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)