O alumnado de 6º de Ed. Infantil, acompañados da mascota do cole "Tambo", visitaron a Galiña Azul para representar a canción "A mellor sopa do mundo" e desfrutar dunha xornada todos xuntos. Algúns compañeiros/as interpretaron a canción en lingua de signos.
Como recordo da actividade decoraron as carautas dos animais do conto por parellas.
Tamén papamos un biscoito de benvida que estaba riquísimo.
E por último, intercambiamos agasallos e xogamos moito. Unha experiencia moi bonita que seguro que repetiremos.

Moitas grazas polo recibimento!
No hay comentarios:
Publicar un comentario