Este trimestre no ciclo de Ed. Infantil iniciamos o proxecto do "Universo". Para iso, cada neno/a escribiu unha carta informando as familias do proxecto e pedindo a súa colaboración e implicación. Foron moitos os materiais achegados. Moitas grazas!
Destinamos un espazo da aula para ir ampliando a información.
Aportacións das familias:
Investigamos sobre a lúa: experimento "area lunar", fases da lúa, contos sobre a lúa, identificación para entrar na axencia espacial...
Cohetes: xogos de lóxica-matemática (series, conteo...); lectoescritura (compoñemos o noso nome); arte (cada aula decorou a súa nave)
Galaxias e constelacións
Propostas en gran grupo e nos recantos: bingo, tarxetas dos planetas, robótica, astronautas para o corredor, xogos na pantalla, memori, estampación..
Decoración do corredor
Saída ao contorno: VISITA AO PLANETARIO
Todo o alumnado levou a súa tarxeta identificativa da NASA