martes, 3 de mayo de 2022

UNHA VIAXE CON YAYOI

No 2º trimestre participamos no proxecto EDUKASANO proposto pola Universidade de Vigo.

O proxecto leva por título "Unha viaxe con Yayoi" centrado no Camiño de Santiago e no Kumano Kodo (Xapón), desta forma achegamos ao alumnado as culturas propias de Galicia e Xapón, a través da artista plástica "Yayoi Kusama".

Partimos dunha maleta viaxeira na aula na que descubrimos moitos elementos propios deste país (vestimenta, bandeira, kimono, grafías...)


A partir de aquí fomos ampliando o proxecto con xogos, materiais e outras propostas complementarias: actividades de lectoescritura, lóxica-matemática, mindfulness, arte, robótica, etc.






Mostra do traballo final de MINDFULNESS
(Preme na imaxe para acceder ao video)

No centro elaboramos un mural con todas as actividades realizadas, divididas por etapas. Aquí tedes o resultado final!




Tamén fixemos unha merenda interciclo no patio aproveitando o bo tempo e que temos unha árbore que simula a árbore característica de Xapón, "SAKURA".



No hay comentarios:

Publicar un comentario