No 2º trimestre iniciamos o proxecto de centro "MERGULLO NAS RÍAS", e concretamente en Educación Infantil traballamos "A vida mariña" próxima a nosa contorna. Estas son algunhas das propostas realizadas nas últimas semanas.
En 6º de EI investigan os CANGREXOS e as súas características. Tamén aproveitan para ampliar vocabulario relacionado co proxecto nos distintos recantos.
En 5º de EI aprendemos a recoñecer os animais mariños que temos máis cerca. Realizamos xogos de lectoescritura, reflexionamos sobre cadros de arte do mar (Nicoletta Ceccoli), e centrámonos en investigar coa axuda das familias os POLBOS.
Tamén elaboramos os disfraces para o ENTROIDO.
En 4º de EI preparan con moito cariño os seus disfraces de MEXILLÓNS.
Temos moitas ganas de ver o resultado!