viernes, 26 de noviembre de 2021

Día Internacional contra a Violencia de Xénero 2021

A proposta para conmemorar o "Día Internacional contra a Violencia de Xénero" parte do conto "GUAPA" do autor Harold Jiménez Canizales. 

O principal obxectivo da actividade é que o alumnado forme unha autoimaxe axustada e positiva de sí mesmo, identificando as propias características e desenvolvendo sentimentos de autoestima. 

A primeira parte consistiu en identificar aquelas características físicas ou emocionais que cada neno/a destaca sobre sí mesmo. Para que non resultara tan abstracto axudámonos dun espello que un a un fomos pasando. Aproveitamos tamén para que os/as compañeiros/as fixeran valoracións positivas.

A segunda parte centrouse en reflexionar sobre aquelas "frases" ou "comentarios" relacionados con estereotipos de xénero que escoitamos na sociedade e que temos que aprender a dicir que "NON".



Coa actividade "Sinto que si, sinto que non" buscamos que o alumnado fose capaz de expresar as accións que queren ou non queren nun determinado momento en relación ao seu corpo (un bico, un agarimo, unha aperta...) Por iso fixemos uns sinais de tráfico que nos serviron como apoio para expresarnos.


Dende o centro fixemos un mural colectivo coas nosas mans formando "UNHA MAREA CONTRA A VIOLENCIA".

E desfrutamos do CONTACONTOS que organizaron os/as compañeiros/as de 5º e 6º para todos os grupos.

Por último, saímos ao patio para facer a coreografía da canción "Violencia 0" que estivemos preparando estes días e recibimos un agasallo do Concello de Marín.



Enlace ao Recuncho de Tambo para visualizar todo o traballo: 



lunes, 15 de noviembre de 2021

SAMAÍN 2021

Na última semana de outubro o alumnado de Ed. Infantil realizou propostas relacionadas co Samaín: contos terroríficos, máscaras, obradoiro de luz negra, grafismo creativo, decoración dos corredores, visita polos espazos do centro, propostas de lóxica e lectoescritura...



Así de terroríficos viñemos ao cole!!