sábado, 4 de diciembre de 2021

3 de decembro - Día Internacional das Persoas con (Dis) capacidade

Para conmemorar este día aproveitamos a actividade realizada anteriormente para o 25N onde cada neno/a comentou o que lle gustaba de sí mesmo. Neste caso aprendemos a comunicarnos a través da "LINGUA DE SIGNOS", coa axuda da profe Rocío e da profe Eva.

Aquí tedes o traballo realizado polo alumnado de Ed. Infantil. Esperamos que vos guste!

(Preme na imaxe para acceder ao video)


(Preme na imaxe para acceder ao video)


(Preme na imaxe para acceder ao video)

Por outra parte, realizamos un circuíto por parellas cos ollos vendados seguindo as indicacións do noso compañeiro/a. 


E descubrimos un novo sistema de escritura e lectura a través do BRAILLE.




viernes, 26 de noviembre de 2021

Día Internacional contra a Violencia de Xénero 2021

A proposta para conmemorar o "Día Internacional contra a Violencia de Xénero" parte do conto "GUAPA" do autor Harold Jiménez Canizales. 

O principal obxectivo da actividade é que o alumnado forme unha autoimaxe axustada e positiva de sí mesmo, identificando as propias características e desenvolvendo sentimentos de autoestima. 

A primeira parte consistiu en identificar aquelas características físicas ou emocionais que cada neno/a destaca sobre sí mesmo. Para que non resultara tan abstracto axudámonos dun espello que un a un fomos pasando. Aproveitamos tamén para que os/as compañeiros/as fixeran valoracións positivas.

A segunda parte centrouse en reflexionar sobre aquelas "frases" ou "comentarios" relacionados con estereotipos de xénero que escoitamos na sociedade e que temos que aprender a dicir que "NON".



Coa actividade "Sinto que si, sinto que non" buscamos que o alumnado fose capaz de expresar as accións que queren ou non queren nun determinado momento en relación ao seu corpo (un bico, un agarimo, unha aperta...) Por iso fixemos uns sinais de tráfico que nos serviron como apoio para expresarnos.


Dende o centro fixemos un mural colectivo coas nosas mans formando "UNHA MAREA CONTRA A VIOLENCIA".

E desfrutamos do CONTACONTOS que organizaron os/as compañeiros/as de 5º e 6º para todos os grupos.

Por último, saímos ao patio para facer a coreografía da canción "Violencia 0" que estivemos preparando estes días e recibimos un agasallo do Concello de Marín.



Enlace ao Recuncho de Tambo para visualizar todo o traballo: 



lunes, 15 de noviembre de 2021

SAMAÍN 2021

Na última semana de outubro o alumnado de Ed. Infantil realizou propostas relacionadas co Samaín: contos terroríficos, máscaras, obradoiro de luz negra, grafismo creativo, decoración dos corredores, visita polos espazos do centro, propostas de lóxica e lectoescritura...



Así de terroríficos viñemos ao cole!!



viernes, 4 de junio de 2021

Curtametraxe "Os tres porquiños"

Curtametraxe realizada polo alumnado de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria. Trátase dunha adaptación do conto "Os tres porquiños" no que os/as nenos/as colaboraron no vestiario, decorados e rodaxe. Os protagonistas da historia son os "Heroes da rúa" e Pepa A Loba ("Heroínas da nosa terra"), rematando así o traballo de investigación para o PDI anual ("Heroes enmascarados").

Esperamos que vos guste!!


Nos andares do cole podedes atopar códigos QR nos cartaces para poder visualizalo cun dispositivo electrónico.


viernes, 30 de abril de 2021

Festa dos Maios 2021

Esta semana celebramos a "Festa dos Maios". En Infantil ademais de participar no concurso convocado polo Ateneo Santa Cecilia, fixemos o noso propio Maio, colaborando entre todos/as.
No video podedes ver un resumo da actividade. Foi un éxito!

  Moitas grazas familias pola vosa colaboración!





lunes, 15 de marzo de 2021

8 M- Día Internacional da Muller 2021

Para festexar o "Día Internacional da Muller" cada aula investigou a unha muller destacada. Con todo iso realizamos unha actividade interactiva que se expuxo no centro e no blog. 

Aquí deixamos os videos relacionados co alumnado de infantil e o enlace para ver todo o traballo do centro.

3 ANOS

4 ANOS


5 ANOS: 

https://drive.google.com/file/d/1Qog5LIgwwdpgkX9_vk7b5tpOW_5Wybz_/view?usp=sharing


(Pinchade na imaxe para acceder a todo o traballo)

Por outra banda, as familias participaron traendo ao centro unha fotografía dunha muller da familia representativa para os seus fillos/as. Unha vez que o alumnado comentou un pouquiño de quen se trataba, creamos con todas as fotos "O PASEO DA FAMA" polos corredores do colexio. Estaban moi emocionados/as ao ver as fotografías colocadas! 




Por último, como recordo dese día decoramos uns colgantes e unha postal para agasallar a esa muller que queremos moito!

domingo, 14 de febrero de 2021

Entroido 2021

Este ano o PDI do centro está relacionado cos "Heroes enmascarados". Na etapa de Ed. Infantil decidimos investigar sobre os "Heroes da rúa", centrándonos cada aula nun deles. En 3 anos os superheroes elexidos foron os/as médicos/as, en 4 anos os/as bombeiros/as e en 5 anos os policías. 

Durante esta semana o alumnado realizou diferentes propostas relacionadas co ENTROIDO: antifaces con luz negra, elaboración dos disfraces para o desfile, concurso de máscaras, mandadiño enmascarado...

Aquí deixamos un pequeno resumo do traballo. Agardamos que desfrutedes!






Tamén deixamos o enlace ao blog "O recuncho de Tambo" con todo o traballo do alumnado do centro.


domingo, 7 de febrero de 2021

30 de xaneiro- Día da Non Violencia e da Paz.

Este ano festexamos esta data creando un muro con LADRILLOS DA PAZ que todo o alumnado do ciclo decorou empregando diferentes técnicas e materiais: na pantalla dixital (técnica graffiti), con témperas sólidas, debuxos, palabras...


Na clase de 5 anos estiveron investigando sobre o personaxe de Malala e fixeron un debuxo xigante de xeito cooperativo entre todos para decorar o corredor.


Tamén construimos a palabra PAZ traballando en equipo. Este foi o resultado!!




Como recordo dese día decoramos unhas pulseiras con palabras e mensaxes que moi contentos levaron para casa.


Aquí deixamos un video-resumo dese día no que participou todo o alumnado do centro. Esperamos que vos guste!