domingo, 29 de noviembre de 2020

25-N: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Esta semana conmemoramos o "Día Internacional contra a Violencia de Xénero" a través de diferentes propostas. Reflexionamos sobre as historias que nos proporcionan os contos: "Vivan las uñas de colores", "Maruxa", "El dragón Zog", "Orellas de bolboreta"... e creáronse situacións de diálogo, identificación de emocións (empatía, autoestima...), traballo en equipo...

Dende o centro a proposta foi crear un virus que contaxiase igualdade. No caso do alumnado de 3 anos quixemos centrarnos na "ACEPTACIÓN" dun mesmo, aceptar ao diferente, respetar as decisións do igual, comprender, escoitar...a partir de aquí elaboramos unha lista de palabras con aquelas cousas que nos gustan que nos fagan e con aquelas que non. Para visualizalo creamos unha flor que se marchita, se apaga... cando nos fan "cousas malas" e se recupera cando os "actos son bos".




Aquí deixamos un stop motion no que participou o alumnado de 3 anos. Esperamos que vos guste!


No hay comentarios:

Publicar un comentario