domingo, 29 de noviembre de 2020

25-N: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Esta semana conmemoramos o "Día Internacional contra a Violencia de Xénero" a través de diferentes propostas. Reflexionamos sobre as historias que nos proporcionan os contos: "Vivan las uñas de colores", "Maruxa", "El dragón Zog", "Orellas de bolboreta"... e creáronse situacións de diálogo, identificación de emocións (empatía, autoestima...), traballo en equipo...

Dende o centro a proposta foi crear un virus que contaxiase igualdade. No caso do alumnado de 3 anos quixemos centrarnos na "ACEPTACIÓN" dun mesmo, aceptar ao diferente, respetar as decisións do igual, comprender, escoitar...a partir de aquí elaboramos unha lista de palabras con aquelas cousas que nos gustan que nos fagan e con aquelas que non. Para visualizalo creamos unha flor que se marchita, se apaga... cando nos fan "cousas malas" e se recupera cando os "actos son bos".




Aquí deixamos un stop motion no que participou o alumnado de 3 anos. Esperamos que vos guste!


domingo, 15 de noviembre de 2020

Novas do alumnado de 3 anos

Aquí deixamos algúns momentos vividos nas aulas de 3 anos. Propostas de grafismo creativo, psicomotricidade fina, experimentos, figura humana... que permiten despertar a súa curiosidade, imaxinación, realizar hipóteses...
Aproveitamos o momento do encargado/a para levar a cabo propostas contextualizadas. Localizamos a inicial do encargado/a, buscamos entre os nomes dos compañeiros/as se algún tamén ten esa letra, compoñemos o noso nome con letras móviles, pinzas, selos...
  

 

domingo, 1 de noviembre de 2020

Samaín 2020

Esta semana centrámonos en propostas relacionadas coa celebración do SAMAÍN: arte, cancións, contos, xogos, experimentos...

Algunhas das propostas foron comúns para todas as aulas: obradoiro de "luz negra", concurso de cabazas, "photocall terrorífico"...

Aquí deixamos un pequeno video con algúns dos momentos vividos para que observedes o ben que o pasamos!! 



Así de terroríficos viñemos ao cole!




Se pinchades aquí podedes acceder a todas as fotos.