miércoles, 21 de octubre de 2020

Outono en 5 anos

Ola familias!
 
Na clase de 6º de Educación Infantil estamos a traballar, entre outras cousas, o outono e as súas principais características, así como os cambios que se producen coa chegada desta estación: caída das follas, cores máis representativas (amarelo, vermello, marrón, laranxa…), froitos e alimentos típicos, palabras significativas...
 
Tendo iso en conta, levamos a cabo actividades de lóxica-matemática todos os días no Encerado Dixital Interactivo mediante series lóxicas e simetrías; tamén contamos cabaciñas e landras, xogamos coas sombras...
Actividades de lectoescritura: relacionando as imaxes co seu nome correspondente e repasando por riba, contando contos de outono “Corre corre, cabaciña”, “Xaime e as landras”...; escribindo as palabras máis significativas de xeito espontáneo...

Tamén fixemos actividades de psicomotricidade fina e arte: enchemos una cabaza con boliñas de papel laranxa; fixemos outra cabaciña con puntiños cun bastonciño; pegamos gomets na nosa inicial facendo un mosaico; fixémoslle púas cun garfo ao noso ourizo e ata debuxamos unha árbore coas nosas mans e pegamos anaquiños de papel celofan.
 
Agardamos que vos gusten as nosas creacións, estamos feitos uns artistas!







No hay comentarios:

Publicar un comentario