Iniciamos propostas do OUTONO relacionadas coa psicomotricidade fina (debullar millo, rachar papel...), xogos de lóxica-matemática (loto de sombras, series lóxicas, simetrías, quebracabezas...), lectoescritura (vocabulario do outono, descripción de imaxes, contos...), arte, etc.,
Descubrimos os cambios producidos no contorno: caída das follas, froitos típicos da estación, vestimenta...
Seguimos avanzando nas relacións sociais e desfrutando cos compañeiros/as nos ratiños da aula e do patio.
Gústanos moito as propostas de arte!
No hay comentarios:
Publicar un comentario