miércoles, 28 de octubre de 2020

Outono en 4 anos

 O Outono chegou á clase de 4 anos!

E grazas ás familias tan participativas que temos puidemos achegar os bosques á nosa aula; observamos, ulimos, clasificamos, ordeamos...e con todo o material creamos un pequeno recuncho do OUTONO.

Fixemos comparacións, traballamos a lóxica-matemática e incluso o esquema corporal a través do arte... e é que estes nenos/as son uns artistas!


miércoles, 21 de octubre de 2020

Outono en 5 anos

Ola familias!
 
Na clase de 6º de Educación Infantil estamos a traballar, entre outras cousas, o outono e as súas principais características, así como os cambios que se producen coa chegada desta estación: caída das follas, cores máis representativas (amarelo, vermello, marrón, laranxa…), froitos e alimentos típicos, palabras significativas...
 
Tendo iso en conta, levamos a cabo actividades de lóxica-matemática todos os días no Encerado Dixital Interactivo mediante series lóxicas e simetrías; tamén contamos cabaciñas e landras, xogamos coas sombras...
Actividades de lectoescritura: relacionando as imaxes co seu nome correspondente e repasando por riba, contando contos de outono “Corre corre, cabaciña”, “Xaime e as landras”...; escribindo as palabras máis significativas de xeito espontáneo...

Tamén fixemos actividades de psicomotricidade fina e arte: enchemos una cabaza con boliñas de papel laranxa; fixemos outra cabaciña con puntiños cun bastonciño; pegamos gomets na nosa inicial facendo un mosaico; fixémoslle púas cun garfo ao noso ourizo e ata debuxamos unha árbore coas nosas mans e pegamos anaquiños de papel celofan.
 
Agardamos que vos gusten as nosas creacións, estamos feitos uns artistas!







viernes, 16 de octubre de 2020

AS CORES DO OUTONO

Iniciamos propostas do OUTONO relacionadas coa psicomotricidade fina (debullar millo, rachar papel...), xogos de lóxica-matemática (loto de sombras, series lóxicas, simetrías, quebracabezas...), lectoescritura (vocabulario do outono, descripción de imaxes, contos...), arte, etc., 
Descubrimos os cambios producidos no contorno: caída das follas, froitos típicos da estación, vestimenta...
Seguimos avanzando nas relacións sociais e desfrutando cos compañeiros/as nos ratiños da aula e do patio. 

Gústanos moito as propostas de arte!






Para visualizar todas as fotos pinchade aquí.

miércoles, 7 de octubre de 2020

Periodo de adaptación 4º de Educación Infantil

O alumnado de 4º de Educación Infantil finalizou o periodo de adaptación fai uns días.
Durante este tempo estivemos descubrindo novos espazos, compañeiros/as, mestres/as... 
A través de xogos e propostas fomos familiarizándonos coas rutinas da aula.

Aquí deixamos unhas fotiños e un vídeo para que observedes o ben que o pasamos.


4º de Educación Infantil A



4º de Educación Infantil B



Aquí tedes un pequeno vídeo sobre os momentos vividos no "Período de Adaptación"
Esperamos que vos guste!!! 


Para visualizar todas as fotos pinchade aquí.