MARTES
1. A receita dunha "MONA DE PASCUA"
RECEITA DE MONA DE PASCUA:
§ 1/2 kg DE FARIÑA
§ 25 gr DE FERMENTO
§ 100 ml DE AUGA MORNA
§ 3 OVOS MEDIANOS
§ 180 gr DE AZUCRE
§ RALLADURA DE LARANXA
§ 80 gr DE ACEITE DE OLIVA
§ UN OVO BATIDO PARA PINTAR
§ 4-6 OVOS COCIDOS
§ AZUCRE E FIDEOS DE CORES PARA DECORAR
ELABORACIÓN
Nun recipiente amplo
colocamos a fariña facendo un volcán con oco no centro.
Por outra banda
disolvemos o fermento na auga amornada e engadímoslla á fariña.
Incorporamos no
centro da fariña en resto de ingredientes, os ovos, o aceite, a ralladura de
laranxa e o azucre; e coa axuda dunha culler mesturamos todo ben ata que non
podamos máis.
Agora amasamos ben a masa, a man ou coa
amasadora, eu fíxeno con máquina e levoume un bo intre, uns 10 minutos ata que
a masa esta lisa, elástica e empeza a recollerse.
Unha vez que temos
a masa, traballámola un pouco nunha mesa de traballo para facer unha bóla con
ela, é unha masa pegañenta pero tennos que deixar formar a bóla, se esta moi
branda engadirlle un pouco máis de fariña.
Poñemos a bóla de masa nun recipiente con fariña e
tapámola. Deixámola nun lugar cálido ata que case dobre o seu
volume, de 2 a 4 horas, no meu caso tardo 4. Podedes gardala no microondas ou
no forno apagado.
Cando a masa haxa fermentado traballámola de novo na mesa
de traballo e quitámola un pequeno anaco (que será a cruz que poñamos en cima
se queredes, é opcional) e o resto dividímolo en 4-6 parte iguais. Formamos bólas con elas e despois cos dedos facémoslle o
oco no medio, onde imos colocar un ovo cocido; se queredes poñerlle unha cruz
feita con dúas tiras de masa cruzadas por encima, eu feito 2 e 2.
Colocamos as monas nunha bandexa de forno con papel,
separadas entre se e tapámolas cun pano limpo. Deixamos que fermenten 1 ou 2
horas, que suban ben.
Acendemos o forno a 180º C e mentres se quentan pintamos
as monas con ovo batido e decoramos con azucre ou con anisetes de cores.
Unha vez que o forno este quente metemos as mona e
deixámolas uns 15-18 minutos ata que este douradas. Sacamos do forno e deixamos
que se arrefríen sobre unha reixa e terémolas lista.
DEPOIS DE FACER ESTA MONA, PODEMOS FACER UN REXISTRO (nun folio por exemplo)
MATERIAIS:
1- EMPREGAMOS AZUCRE
2-SAL
3-FARIÑA....
4-
5-
(E así co resto de materiais que empregamos)
MATERIAIS:
1- EMPREGAMOS AZUCRE
2-SAL
3-FARIÑA....
4-
5-
(E así co resto de materiais que empregamos)
2. OUTRA PROPOSTA RELACIONADA CON
ESTA ÉPOCA DO ANO É A SEGUINTE:
MÉRCORES
COMEZAMOS
O DÍA ESCOITANDO UN CONTO “UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA” https://www.youtube.com/watch?v=h6HRpwcl9gg
DESPOIS DE ESCOITAR O CONTO
PODEMOS FACER AS SEGUINTES ACTIVIDADES:
1. FACEMOS
PREGUNTAS SOBRE O CONTO: O TEMA DO
CONTO, AS PERSOAXES, O TÍTULO, ….
2. ESCRIBIMOS
A PALABRA EIRUGA, IDENTIFICAMOS AS VOGAIS, AS CONSONANTES, AS MAIÚSCULAS E AS
MINÚSCULAS, PODEMOS REPSAR A GRAFÍA DA PALABRA NUN BOL CON SAL, FARIÑA…PODEMOS
FACER ESTA ACTIVIDADE CON TODAS AS PALABRAS QUE APARECEN NO CONTO: PERA, MAZÁ,
AMORODOS…)

3. FACEMOS UNHA SERIE COS ALIMENTOS QUE SAEN NO CONTO.
4. DECORAMOS A PALABRA EIRUGA, CON LENTELLAS, PASTA,
PAPELIÑOS…
5. FACEMOS A NOSA PROPIA EIRUGA CON PINZAS DE ROUPA.
6. TAMÉN PODEMOS FACER AS SEGUINTES
ACTIVIDADES IMPRESAS: PINTAR E RECORTAR OS DEBUXOS DO CONTO E ORDEAR AS
SECUENCIAS, REPASAR POR ENCIMA DOS PUNTILLOS, TRABALLANDO ASÍ GRAFOMOTRICIDADE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario