jueves, 2 de abril de 2020

3ª SEMANA (XOVES E VENRES)

SOMOS ROBOTS
      A proposta que pasamos a explicar como xa sabedes é voluntaria pero recomendable para desfrutar en familia e aprender xuntos, bailar e facer exercicio de unha forma divertida para todos, tanto nais e pais como nenos e nenas nestes días tan difíciles que estamos pasando...Moito ánimo!!!!
   Hai moitas actividades para que podades escoller aquelas que mellor se adapten a os vosos/as fillos/as e ao material que tendes na casa. Para comenzar primeiro visualizamos e bailamos a seguinte canción, imitando os movementos e a voz dun robot.

      Tal e como di a canción é un robot cadrado, así que buscamos na casa obxectos que sexan cadrados, podemos xogar cos nenos ó “veo veo”, as adiviñanzas para que os encontren, xogo de mímica, dar pistas de quente e frío, etc
     Hai moitas cousas que nos poden valer na casa e que coñecen. Tamén podemos facelo cos círculos:
Figuras Geométricas en imágenes | Objetos con figuras geometricas ...
20 dientes: Descubrimos objetos con formas geométricas
      Para esta actividade podedes encontrar nos seguintes enlaces vídeos con cancións sobre figuras xeométricas que seguro que os vosos fillos e fillas lles encantan:

https://www.youtube.com/watch?v=gGBeyG1BKUY

      Asemade, de encontrar os obxectos podemos facer diferentes actividades segundo a idade e as posibilidades que teñades na casa....por exemplo:
      - Podemos contar cantas figuras de cada tipo encontramos e os máis maiores poden escribilo nun papel, comparar máis grande e máis pequeno, as cores, etc....
   - Outra actividade pode ser facer formas nun papel con círculos e cadrados de cousas que hai na casa repasando e despois colorear ou decorar, con cousas que teñamos na casa, como pegando bolas ou anacos de papel, adhesivos, pintura con dedos ou “bastoncillos”, ceras, etc... Os máis maiores poden poñer o nome de cada figura e que o copien ou repasen.


    - Coas formas de círculos e cadrados podemos crear un robot recortando as pezas os máis maiores e axudando a os máis pequenos. Pódese facer de moitas formas, con cartolinas, caixas baleiras como as dos cereais ou zapatos, con botóns ou tapóns...Vale todo aquel material que teñamos na casa, con imaxinación e traballando xuntos seguro que vos queda xenial!!







ASÍ QUEDOU O NOSO ROBOT


Se facedes algún ROBOT podedes enviarnos as fotos, estaremos moi contentas de velos...!!!!






Como podedes ver hai moitas posibilidades de actividades para facer na casa e desfrutar aprendendo!!!

      Para rematar estas propostas de actividades aquí vos deixamos unha actividade de psicomotricidade para facer en familia:
      Somos un robot e lles ensinamos como se moven e por que, utilizando o noso corpo como modelo. Seguidamente, pasarán a imitarnos realizando os movementos dun robot, á vez que se di en voz alta imitando como se foramos robots o que imos facer, moi lentamente e facendo unha pausa, ao nomear cada parte do corpo:
   - Somos robots. Andamos por todos os lados, movemos a cabeza, movemos os brazos, dobramos os cóbados, de súpeto... plaf!...,caemos. As pernas quedan cara arriba e os brazos tamén se dobran os cóbados, se dobran os xeonllos, intentamos levantarnos, nos custa moito traballo, nos quedamos sen pilas, quedamos tirados no chan.....
      - Podemos facer variacións tocando diferentes partes do corpo, facendo estatuas de diferentes posturas como robots a pata coxa, a catro patas, etc...tamén podemos poñer obstáculos como coxíns, cadeiras, xoguetes, etc)
Cando se carguen as pilas do robot lle dicimos que non cargou de todo e que se volveu tolo:
      - Está partido pola metade; un lado é moi traveso e sempre desobedece, e o outro é moi bo e sempre está quieto, o pobre móvese e móvese sen parar. Temos unha man travesa, non a podemos parar; fainos cóxegas por todo o corpo: na cabeza, no outro brazo, por arriba, por abaixo, etc,; esta man cansouse e queda quieta, agora a outra man tamén se volve travesa e fai o mesmo que facía a anterior...(podemos indicar que man é a esquerda ou a dereita no caso dos nenos e nenas de 5 anos), tamén lle ocorre o mesmo cos pes....(podemos facer todas a variacións que queiramos como aínda non se pode poñer de pe, os brazos móvense sen parar, etc...) ata que o robot carga de todo as súas pilas.
   Cando terminemos tumbados no chan poñemos música relaxante e facemos respiracións lentas, collemos aire polo nariz e botamos lento pola boca, podemos facer caricias lentas para relaxar a os nenos e nenas, pasamos unha pluma lentamente, nos espertamos, moi lento, como si non tiveramos pilas e nos estiramos pouco a pouco....
    Por último, vos deixamos tres propostas máis, para que teñades máis alternativas onde escoller, que necesitarían imprimirse.

Moito ánimo e unha aperta moi grande para todos esas nenas e nenos que están en casa que sodes uns “SUPERHEROES E SUPERHEROINAS” !!!


COLOREAMOS, RECORTAMOS E O MONTAMOS

Let's Talk Robots plus Free Robot Printable | Manualidades ...

PARA OS MÁIS MAIORES, INTENTAMOS ESCRIBIR AS FIGURAS OU E AS DEBUXAMOS E COLOREAMOS


formas 2D: Imprime Ficha formas geométricas infantil GRATIS con el ...

COLOREAMOS
Robots | Dibujos para Colorear | Juguetes para colorear, Robots ...


Recordade que esta información sobre as propostas de actvividades, tamén as encontrades na WEB do Colexio CEIP O CARBALLAL, no apartado de EQUIPOS DOCENTES, no 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL cada semana.


No hay comentarios:

Publicar un comentario