1. Lembramos a importancia de lavar a cotío as nosas mans e
para facelo máis divertido escoitamos a cantiga de Migallas - “Canción para lavar as mans”.
2. Para comezar, hoxe imos elaborar a nosa propia botella sensorial, será
única e moi orixinal.
Materiais que precisamos:
- botella transparente de plástico pequena.
- aceite corporal de bebé.
- auga.
- purpurina.
- colorante alimentario (se non dispoñemos de colorante podemos empregar témpera ou pintura pero estes materiais poden deixar restos no fondo).
- algún xoguetiño pequeno.
Pasiño a pasiño:
1-
Enchemos
dous terzos da nosa botella con auga.
2-
Engadimos
o colorante alimentario e remexemos.
3-
Metemos
os nosos xoguetiños dentro e botamos purpurina.
4-
Por
último, engadimos o aceite corporal de bebé ata encher a botella.
MOI IMPORTANTE: unha vez que estea rematada a nosa botelliña sensorial
podemos precintala na zona do tapón ou botarlle un pouquiño de silicona quente,
sempre coa axuda dun adulto responsable.
*Durante a
elaboración da nosa botella sensorial
poderiamos: contar o número de materiais
que empregamos, escribilos nunha folla, facer unha secuencia dos pasos que
realizamos…
3. LÓXICA MATEMÁTICA: Facer SERIES atendendo a
distintos criterios e con obxectos que pertencen a nosa vida cotiá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario