XOVES
PROPOSTAS CON ROLOS DE PAPEL
Este xogo é moi sinxelo e se pode facer con material reciclado que teñamos pola casa. Traballaremos a coordinación óculo-manual, orientación espacial, conceptos lóxico-matemáticos (recta numérica, sumas…)
MATERIAL
- Caixa de cartón
- Rolos de papel
- Ceras, témperas, acuarelas, rotuladores… o que cada un teña para decorar ao seu gusto.
- Pegamento.
- Boliña (de papel, corcho…)
PROCESO
PROPOSTAS
DE XOGO
- Recta numérica: vamos pasando coa pelotiña polos números de maneira ascendente (1-5) ou descendente(5-1)
- Sumas: sumamos os puntos polos números que imos pasando. Podemos competir con outro xogador/a e ver quen consegue máis puntos.
OBSERVACIÓNS
*Os
números pódense adaptar a cada idade así coma o número de rolos de papel.
*Pódense recortar os rolos de papel pola
metade no caso de que a caixiña sexa máis pequena.
*Decoramos todos os elementos ao noso
gusto, deixando voar a nosa creatividade.
*Podemos aproveitar os rolos de papel
para facer outros xogos: asociación de grafía con cantidade (con pinzas,
introducindo algún elemento…); os birlos (contamos os puntos dos rolos que
tiramos); brazaletes (para xogar aos superheroes/superheroínas), bolboretas…
*No caso dos máis maiores podemos escribir palabras pola parte de detrás que comecen/conteñan esas letras.
VENRES
EXPERIMENTO:
“FLORES MÁXICAS”
Aproveitando que a PRIMAVERA está
comezando podemos facer un experimento do máis sinxelo pero con un toque de
“maxia” que seguro lles vai sorprender. Neste experimento os nenos/as poden
facer todos os pasos, e no caso dos máis pequenos podemos ir guiando o proceso.
Aspectos a traballar:
- Formulación de hipóteses: podemos
preguntarlle aos nenos/as que pensan que vai ocorrer ao introducir a súa flor
na auga.
- Lectoescritura: poden escribir na flor o
seu nome, unha palabra que lles guste, unha mensaxe
- Creatividade: decorando a súa flor de
maneira libre.
- Formas xeométricas: neste caso
centrámonos no círculo.
- Secuencia temporal: seguir os pasos
marcados no experimento (texto instructivo)
- Entre outras.
MATERIAL
- Papel
- Lápices, pinturas...
- Tesoiras
- Recipiente con auga
REXISTRO
(podemos facer o rexistro nun folio; aquí deixámosvos unha proposta).
FLORES MÁXICAS
MATERIAL
(Ecribimos
cada material nun oco no caso dos máis maiores ou podemos debuxalo)
|
PROCESO
(podemos
sacarlle fotos a cada paso do experimento e ordear as imaxes)
No hay comentarios:
Publicar un comentario