jueves, 23 de abril de 2020

23 de abril - "Día do libro"


Para conmemorar este día as mestras de Educación Infantil queren compartir con todos vós algúns dos seus contos favoritos. 
Ler esperta a nosa imaxinación, a creatividade e deixa voar todos os nosos soños.

Feliz día do libro!


jueves, 16 de abril de 2020

16-17 de abril

XOVES
PROPOSTAS CON ROLOS DE PAPEL
Este xogo é moi sinxelo e se pode facer con material reciclado que teñamos pola casa. Traballaremos a coordinación óculo-manual, orientación espacial, conceptos lóxico-matemáticos (recta numérica, sumas…)
MATERIAL
  •         Caixa de cartón
  •      Rolos de papel
  •      Ceras, témperas, acuarelas, rotuladores… o que cada un teña para decorar ao seu gusto.
  •      Pegamento.
  •      Boliña (de papel, corcho…) 

PROCESO

PROPOSTAS DE XOGO
  • Recta numérica: vamos pasando coa pelotiña polos números de maneira ascendente (1-5) ou descendente(5-1)
  • Sumas: sumamos os puntos polos números que imos pasando. Podemos competir con outro xogador/a e ver quen consegue máis puntos.

OBSERVACIÓNS
*Os números pódense adaptar a cada idade así coma o número de rolos de papel.
*Pódense recortar os rolos de papel pola metade no caso de que a caixiña sexa máis pequena.
*Decoramos todos os elementos ao noso gusto, deixando voar a nosa creatividade.
*Podemos aproveitar os rolos de papel para facer outros xogos: asociación de grafía con cantidade (con pinzas, introducindo algún elemento…); os birlos (contamos os puntos dos rolos que tiramos); brazaletes (para xogar aos superheroes/superheroínas), bolboretas…
 *No caso dos máis maiores podemos escribir palabras pola parte de detrás que comecen/conteñan esas letras.

VENRES
EXPERIMENTO: “FLORES MÁXICAS”
Aproveitando que a PRIMAVERA está comezando podemos facer un experimento do máis sinxelo pero con un toque de “maxia” que seguro lles vai sorprender. Neste experimento os nenos/as poden facer todos os pasos, e no caso dos máis pequenos podemos ir guiando o proceso.
Aspectos a traballar:
- Formulación de hipóteses: podemos preguntarlle aos nenos/as que pensan que vai ocorrer ao introducir a súa flor na auga.
- Lectoescritura: poden escribir na flor o seu nome, unha palabra que lles guste, unha mensaxe
- Creatividade: decorando a súa flor de maneira libre.
- Formas xeométricas: neste caso centrámonos no círculo.
- Secuencia temporal: seguir os pasos marcados no experimento (texto instructivo)
Entre outras.

MATERIAL
  •           Papel
  •      Lápices, pinturas...
  •          Tesoiras
  •      Recipiente con auga

PROCESO


REXISTRO (podemos facer o rexistro nun folio; aquí deixámosvos unha proposta).

 FLORES MÁXICAS
MATERIAL
(Ecribimos cada material nun oco no caso dos máis maiores ou podemos debuxalo)














PROCESO (podemos sacarlle fotos a cada paso do experimento e ordear as imaxes)