domingo, 8 de marzo de 2020

PROPOSTAS DE MARZO: PROXECTO DE ARTE

Seguimos creando propostas relacionadas co proxecto da "ARTE", a través dunha PERSPECTIVA GLOBALIZADORA, e dicir, a través de distintas conexións que nos permitan afondar nas áreas do currículo.
Neste caso centrámonos na EXPRESIÓN ORAL a través de RIMAS co vocabulario do proxecto.

RIMAS: facemos parellas de rimas coas tarxetas e entre todos/as buscamos outras posibles.

LÓXICA-MATEMÁTICA: "EXPERIMENTO DE CORES" con leite e colorante. Entre todos lemos os pasos a seguir (texto instructivo) e apuntamos o material que precisamos (con letras móviles). Realizamos hipóteses e comprobamos. Finalmente recollemos a información de maneira individual.


EXPRESIÓN CORPORAL: inventamos siluetas en pequeno grupo; levamos unha pelotiña polo camiño ata o noso compañeiro/a a través do sopro...

No hay comentarios:

Publicar un comentario