domingo, 22 de marzo de 2020

MENSAXES PARA AS FAMILIAS (2º SEMANA)

Antes de nada queremos mandarvos MOITO ÁNIMO E CARIÑO con estas fotografías para seguir asumindo todos xuntos esta situación. Esperamos que sexa o máis levadeira posible e estamos desexando volver a normalidade: momentos de abrazos, sorrisos, miradas, novos aprendizaxes, celebracións...


Seguimos propoñendo actividades de carácter optativo. Non é necesario realizalas todas, non obstante, ter unha rutina de traballo permite que os nenos/as se sintan seguros e tranquilos.

Remito o enlace das actividades propostas na primeira semana:

Todas elas poden ter unha continuidade no tempo e profundizar o que cada un considere, tendo en conta a motivación e o interese dos nenos/as.

Outras propostas interesantes poderían ser:

LECTOESCRITURA (LUNS/MARTES):

- Recortar letras do xornal ou revista e formar palabras.



- Conto e reflexión. Pódenos axudar a comprender un pouquiño máis a situación na que nos atopamos.


 ARTE
- Mandalas ou composicións con elementos da natureza (LAND ART): paus, follas, flores, pedras... Se temos a sorte de ter un espazo exterior ou con elementos que se vos ocurra na casa (lentellas, botóns, escarvadentes...) IMAXINACIÓN E CREATIVIDADE.

- Canción "Todos somos capitáns" -  Magin Blanco. Escoitamos, bailamos e cantamos esta canción chea de alegría e positivismo. Despois debuxamos/escribimos unha mensaxe para animar a algunha persoa ou para alguén que notemos en falta.



Para un maior intercambio de información podedes compartir todas as experiencias que fagades nos nosos correos. Iremos publicando por aquí o que queirades enviar. 

Unha aperta moi grande!

No hay comentarios:

Publicar un comentario