lunes, 30 de marzo de 2020

3º SEMANA (LUNS/MARTES)

 Comezamos o día con ledicia; cantando e bailando a canción de A PRIMAVERA” de Mamá   Cabra no álbum: “Bicos de música”. https://www.youtube.com/watch?v=MuLHfNXP0C8
 Despois de cantar e bailar a canción podemos facer algunha das seguintes actividades:

1.        Escribimos e repasamos as letras da palabra PRIMAVERA. Tras repasar as letras identificamos cales son as vogais e cales son as consonantes, cales leva o noso nome ou o nome de algún familiar ou algún compañeiro/a do cole…podemos escribir a palabra primavera en maiúscula e minúscula e identificar as letras.
Tamén podemos palmear a palabra primavera e identificar cantos golpes de voz ten. Despois podemos decoralas con distintos elementos naturais como follas, flores, lentellas, arroz, sal pedras…

   
2.     Podemos facer unha pequena composición sobre a primavera e escribir nun papel o que sucede nesta época do ano:
- Saen as flores
- Os días son máis longos
- Vai máis calor…


3.        Lóxica-matemática. Outra actividade relacionada con esta estación do ano sería a seguinte: escribimos e debuxamos nun papel unhas flores, e no talo das mesmas poñemos unha cantidade, os nenos/as deberán pegar tantos botóns como indica o número. Esta actividade pódese facer con calquera tipo de material: botóns, espirais de pasta, boliñas de algodón…. 

4.        Facer unha clasificación de plantas: por exemplo, seguramente todos temos algún tipo de infusión ou especia na casa. Podémosllas ensinar aos nenos/as e explicarlles para qué as empregamos, que beneficios nos aportan…
Podemos escribir os seus nomes nun folio ou con recortes de revistas ou periódicos recortar as letras e facer unha composición con elas.


5.        Para rematar podemos facer un pequeno experimento que seguro lles vai gustar moito os nenos/as. Podemos plantar unhas lentellas nunhas cáscaras de ovos e decoralas, ou nun bote que teñamos por casa e ver a súa evolución…

UN BICO PARA TODOS E TODAS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario