Comezamos o día con ledicia; cantando e bailando a
canción de “A PRIMAVERA” de Mamá Cabra no álbum: “Bicos de música”. https://www.youtube.com/watch?v=MuLHfNXP0C8
Despois de cantar e bailar a canción podemos facer
algunha das seguintes actividades:
1.
Escribimos e repasamos as letras da palabra PRIMAVERA. Tras repasar as letras identificamos cales son as vogais e cales
son as consonantes, cales leva o noso nome ou o nome de algún familiar ou algún
compañeiro/a do cole…podemos escribir a palabra primavera en maiúscula e
minúscula e identificar as letras.
Tamén podemos palmear a palabra primavera e identificar
cantos golpes de voz ten. Despois podemos decoralas con distintos elementos
naturais como follas, flores, lentellas, arroz, sal pedras…
2. Podemos facer unha pequena composición sobre a primavera e
escribir nun papel o que sucede nesta época do ano:
- Saen as flores
- Os días son máis longos
- Vai máis calor…
3.
Lóxica-matemática.
Outra
actividade relacionada con esta estación do ano sería a seguinte: escribimos e
debuxamos nun papel unhas flores, e no talo das mesmas poñemos unha cantidade,
os nenos/as deberán pegar tantos
botóns como indica o número. Esta actividade
pódese facer con calquera tipo de material: botóns, espirais de pasta, boliñas de
algodón….
4.
Facer unha clasificación de plantas: por exemplo, seguramente todos temos
algún tipo de infusión ou especia na casa. Podémosllas ensinar aos nenos/as e
explicarlles para qué as empregamos, que beneficios nos aportan…
Podemos
escribir os seus nomes nun folio ou con recortes de revistas ou periódicos
recortar as letras e facer unha composición con elas.
5.
Para rematar
podemos facer un pequeno experimento que
seguro lles vai gustar moito os nenos/as. Podemos plantar unhas lentellas nunhas cáscaras de
ovos e decoralas, ou nun bote que teñamos por casa e ver a súa evolución…
UN BICO PARA TODOS E TODAS!!