Durante o mes de febreiro moitas propostas xiraron arredor do "ENTROIDO".
- Traballamos VOCABULARIO relacionado co "centro de interese". O xogo consiste en converternos en paiasos e cruzar o noso camiño facendo equilibrio pola corda. Unha vez que chegamos ao aro construimos a palabra que representa o debuxo. Metodoloxía activa, Traballo cooperativo, conciencia fonolóxica, resolución de problemas...
- OBRADOIRO DE SOPRO: ANTEFACES. Decoramos o noso anteface como máis nos gusta e colocámoslle anacos de papel de seda. Unha vez que temos todo, sopramos e observamos o que acontece (estimulación da linguaxe)
- ELABORACIÓN DO DISFRACE: na medida do posible gústanos que os nenos/as participen na elaboración do seu disfrace conseguindo así que desfruten de todo o proceso.
- DÍA DO ENTROIDO NO CARBALLAL: degustamos postres típicos do entroido aportados polas familias, desfilamos todos xuntos, e sobre todo bailamos e desfrutamos deste día...!
No hay comentarios:
Publicar un comentario