viernes, 28 de febrero de 2020

ENTROIDO "OS ARTISTAS DO CARBALLAL"

Durante o mes de febreiro moitas propostas xiraron arredor do "ENTROIDO".
  • Traballamos VOCABULARIO relacionado co "centro de interese". O xogo consiste en converternos en paiasos e cruzar o noso camiño facendo equilibrio pola corda. Unha vez que chegamos ao aro construimos a palabra que representa o debuxo. Metodoloxía activa, Traballo cooperativo, conciencia fonolóxica, resolución de problemas...

  • OBRADOIRO DE SOPRO: ANTEFACES. Decoramos o noso anteface como máis nos gusta e colocámoslle anacos de papel de seda. Unha vez que temos todo, sopramos e observamos o que acontece (estimulación da linguaxe)

  • ELABORACIÓN DO DISFRACE: na medida do posible gústanos que os nenos/as participen na elaboración do seu disfrace conseguindo así que desfruten de todo o proceso.

  • DÍA DO ENTROIDO NO CARBALLAL: degustamos postres típicos do entroido aportados polas familias, desfilamos todos xuntos, e sobre todo bailamos e desfrutamos deste día...!




domingo, 16 de febrero de 2020

PROPOSTAS DO MES DE FEBREIRO

Despois da saída ao museo centrámonos nun dos pintores que observamos no museo. Trátase de "Luis Caruncho" e as súas obras caracterízanse por empregar figuras xeométricas.
Así, en primeiro lugar fixemos algún xogo cos bloques lóxicos:
- Creamos un camiño con diferentes figuras que tiñamos que definir (forma, color...) 
- Eleximos as tarxetas que definen unha figura concreta: forma, color, tamaño e grosor.

                         

A continuación, comparamos algunha das súas obras e comentamos o que observábamos no cadro (cores, figuras...). Finalmente reproducimos o seu cadro en equipos de mesa empregando a estructura "folio xiratorio".



 SIMETRÍAS: iniciámonos nas simetrías en primeiro lugar co noso corpo observando nun espello a nosa metade. A continuación trazamos un eixe simétrico (que servirá de espello) e representamos coas regretas a figura que propón a mestra. Traballamos: atención, orientación espacial, direccionalidade...


LECTOESCRITURA: seguimos avanzando na lectoescritura a través de diferentes propostas:
- Caixa de sons: clasificamos en cada caixón os obxectos atendendo ao seu son inicial (conciencia fonolóxica).
- Ovos: quebracabezas de ovos con letras e imaxes que empezan por esa letra (conciencia fonolóxica).
- Bolboretas: relacionamos cada letra maiúscula coa súa minúscula (grafía).
Para ver todas as propostas pinchade aquí

domingo, 9 de febrero de 2020

APERTURA AO CONTORNO: SAÍDA AO MUSEO

Este ano dende a PDI estamos traballando a ARTE nos 3 cursos de infantil. Por iso, para profundizar e enriquecer o proxecto esta semana saímos de excursión ao MUSEO DE PONTEVEDRA. Desta forma puidemos ver como se organiza un museo, coñocer outros pintores e cadros moi interesantes, realizar algún xogo e obradoiro... e tamén desfrutar cos compañeiros/as dun día especial!
Por último, tendo en conta o tempo do que dispoñiamos merendamos e xogamos nun parque preto do museo. 



Para visualizar todas as fotos pinchade aquí.

domingo, 2 de febrero de 2020

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Para conmemorar o "DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ" o alumnado de infantil decorou unhas mandalas para crear entre tod@s a palabra PAZ no corredor, e uns colgantes para este día. 
Por outra parte, todos os cursos creamos un cartel "co noso soño de paz" (Soñamos cun mundo no que aprendamos a compartir, cun mundo cheo de amor, que se acaben as guerras, non pelear...) relacionado coa PDI deste ano e interpretamos a canción de "Magin Blanco - Soñar".



Para visualizar todas as fotos pinchade aquí.