Durante o mes de decembro tivemos unha chea de sorpresas para despedir o ano e celebrar o Nadal.
Nas clases fixemos unhas postais de Nadal, decoradas polos nenos e nenas das aulas de Educación Infantil. Para mandalas por correo ordinario e sorprender así aos nenos e familias, veu o carteiro ás aulas do CEIP Carballal para recollelas! Contounos como tiña que facer para enviar as cartas, que tiñamos que poñerlle un selo... estaban sorprendidos e moi emocionados!
Aquí vemos aos nenos e nenas elaborando as súas postais:
Este foi o día que veu o carteiro polas aulas a recoller as postais!
Tamén elaboramos un adorno que levaron para casa para poñer nas árbores de Nadal feito polos nenos e nenas de Educación Infantil.
O xoves 19 de decembro viñeron os Reis Magos ao colexio, ollade as súas cariñas!
O último día cantamos panxoliñas e fixemos unha merendola de Nadal todos os nenos e nenas de Educación Infantil xuntos.![]() |
PARA VISUALIZAR TODAS AS FOTOGRAFÍAS FACEDE CLIC AQUÍ. |
FELIZ ANO NOVO!
Excelente trabajo . Muy bonito lo que haceis con nuestros peques . Gracias
ResponderEliminar