viernes, 31 de enero de 2020

PROPOSTAS DE INVERNO

Aproveitamos a estación na que nos atopamos para deseñar propostas que xiren arredor dos seus intereses.
Partimos das súas ideas previas: cambios producidos no contorno (frío, roupa de abrigo...); visitas a neve por parte dalgúns nenos/as...
Entre as ACTIVIDADES destacamos:
-   Decoración dos espazos do centro con copos de neve, roupa de inverno...
Experimento: "CREAMOS NEVE". Mesturamos bicarbonato sódico con auga fría e comprobamos o resultado. Seguimos as indicacións que marcan as mestras, aprendemos a esperar o noso turno, realizamos hipóteses e comprobamos, comentamos a sensación que nos produce, aprendemos novos materiais, etc. 




domingo, 19 de enero de 2020

OBRADOIRO INTERNIVEL DE ARTE

O venres levamos a cabo nas aulas de infantil un obradoiro internivel, mesturando as 3 idades e facendo grupos de 5-6 nenos/as. Entre os OBXECTIVOS da actividade destacamos:
      - Favorecer a convivencia entre o alumnado de infantil.
      - Establecer relacións de confianza, afecto, colaboración...entre os nenos/as.
      - Asumir responsabilidades reforzando así o sentimento de autoconfianza.

A experiencia resultou moi enriquecedora. Seguiremos preparando e desfrutando deste tipo de actividades!




sábado, 18 de enero de 2020

REPARTO DA FROITA

Durante dúas semanas repartirase froita na escola. Aproveitamos para probar novos sabores,  traballar vocabulario, falar da importancia dunha alimentación saudable, etc.
Moitos atrevéronse a probala!!


miércoles, 15 de enero de 2020

PRIMEIRAS PROPOSTAS DO MES DE XANEIRO EN 5 ANOS

Iniciamos trimestre con novas propostas. Partimos de xogos de cohesión para afianzar o sentido de grupo axudándonos entre tod@s a pasar polo aro sen soltarse das mans.

PROPOSTA DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE: "SOPRO". A través do sopro intentamos encestar unha pelotiña dentro dun vaso. Probamos varias veces e o resultado foi satisfactorio!

PROPOSTA DE LÓXICA-MATEMÁTICA EN GRAN GRUPO: "BARALLA DE CARTAS". Repartimos a cada neno/a unha carta e colocamos unha dentro do aro que será a que teñamos de referencia. A partir de aquí plantexamos distintas cuestións:
- Que veñan os nenos/as que teñen cartas maiores que a que está no aro.
- Que veñan os nenos/as que teñen cartas menores que a do aro.
- Unha carta máis ou unha carta menos.
- Ser a nosa "amiga" para chegar ao 10.
- etc.

PROPOSTAS DE LÓXICA NAS MESAS. En pequeno grupo ou de maneira individual traballamos conceptos matemáticos (memoria, atención, orientación espacial, simetría...) de maneira manipulativa.




LECTOESCRITURA: "RULETA". As propostas con este material son moi diversas. Neste caso centrámonos na conciencia fonolóxica indicando a imaxe que se corresponde con ese son.

martes, 14 de enero de 2020

O ALUMNADO DE 3 ANOS DO CEIP CARBALLAL DESCUBRE A ROBÓTICA!

O alumnado de 3 anos comeza o segundo trimestre co novo recuncho de robótica!

O noso robot chámase "Doc", e permite ao alumnado iniciarse na programación e poñer en práctica a súa capacidade lóxica. 

Empregando este tipo de coñecemento, o alumnado será capaz de resolver, de forma comprensiva, todo tipo de problemas e conflitos cotiás, expresando as propias opinións e respectando as dos demais. 
Todo isto a través da colaboración e traballo en equipo.







Estaban sorprendidos con todo o que Doc podía facer! A robótica educativa é unha actividade tecnolóxica moi divertida para os nenos e nenas enfocada ao desenvolvemento de moitas das habilidades que van ser imprescindibles para eles nun futuro rodeado das tecnoloxías. A psicomotricidade fina, a orientación, a creatividade, a comunicación, a resolución de problemas, son aspectos que traballamos na aula coa robótica.
Seguimos experimentando coa pizarra dixital con diferentes xogos que resultan beneficiosos para traballar as diferentes competencias. 
Aprender non ten porque ser aburrido, por iso imos engadindo novas propostas aos diferentes recunchos. Concretamente, aquí ensinámosvos unha proposta do recuncho das letras para unha aprendizaxe vivencial e significativa das letras do abecedario que estamos a levar a cabo. 
Facer clic aquí para ver todas as fotografías. 

domingo, 12 de enero de 2020

O ALUMNADO DE 5º DE EDUCACIÓN COMEZOU O SEGUNDO TRIMESTRE  EXPERIMENTANDO COA CHEGADA DO INVERNO, PINTANDO, XOGANDO COA PANTALLA DIXITAL...







ANIVERSARIOS DO MES DE NOVEMBRO E DECEMBRO

O último xoves de novembro celebramos os aniversarios do mes nas aulas de Educación Infantil.

Clase de 4º de Educación Infantil:
                           PARABÉNS DINA E ANDY!!
Clase de 6º de Educación Infantil:
Naia e Alba quixeron agasallar aos seus compañeiros/as cun obradoiro de reloxes/pulseiras. Foi moi interesante xa que tiñamos que estar moi concentrados e seguir as intruccións que nos marcaban. Desfrutaron moito da experiencia!!



Tamén compartiron con toda a clase un biscoito e uns bocadillos. Estaba todo boísimo!!

Moitas grazas e PARABÉNS ALBA E NAIA!!




O último xoves de decembro celebramos os aniversarios dos nenos e nenas que cumprian antes do día 20 aulas de Educación Infantil. Os cumpleanos despois do 20 de decembro celebrarémolos nas aulas o último xoves do mes de xaneiro. 

Clase de 4º de Educación Infantil:
PARABÉNS CARLA!
Clase de 6º de Educación Infantil:
Iker e Elsa compartiron coa clase bocadillos, biscoito, zume...



Moitas grazas e PARABÉNS ELSA E IKER!

   CLASE DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL
           ANIVERSARIO DE NOEL



DESPEDÍMOS O 2019 CUNHA CHEA DE SORPRESAS!

Durante o mes de decembro tivemos unha chea de sorpresas para despedir o ano e celebrar o Nadal

Nas clases fixemos unhas postais de Nadal, decoradas polos nenos e nenas das aulas de Educación Infantil. Para mandalas por correo ordinario e sorprender así aos nenos e familias, veu o carteiro ás aulas do CEIP Carballal para recollelas! Contounos como tiña que facer para enviar as cartas, que tiñamos que poñerlle un selo... estaban sorprendidos e moi emocionados!

Aquí vemos aos nenos e nenas elaborando as súas postais:

Este foi o día que veu o carteiro polas aulas a recoller as postais!

Tamén elaboramos un adorno que levaron para casa para poñer nas árbores de Nadal feito polos nenos e nenas de Educación Infantil.
O xoves 19 de decembro viñeron os Reis Magos ao colexio, ollade as súas cariñas!
O último día cantamos panxoliñas e fixemos unha  merendola de Nadal todos os nenos e nenas de Educación Infantil xuntos.
PARA VISUALIZAR TODAS AS FOTOGRAFÍAS FACEDE CLIC AQUÍ.


FELIZ ANO NOVO!