Durante a mañá levamos a cabo actividades con distintos agrupamentos. Aproveitamos os equipos de mesa para presentar novos materiais e para reforzar o "sentido de equipo".
Neste caso os nen@s comezan a experimentar coas REGRETAS. O primeiro paso é familiarizarse con elas a través de contruccións e creacións persoais. Desta forma chegan a comparar o seu tamaño e darse conta o que representa cada unha delas.
Outros materiais son: xogos de equilibrio, formas xeométricas, roda numérica, animais para clasificar...
No hay comentarios:
Publicar un comentario