jueves, 12 de diciembre de 2019

SAÍDA EN TREN E VISITA DO MAGO PACO

Esta semana tivemos dous eventos importantes. Por un lado, SAÍMOS EN TREN dende a escola, pasando polas distintas rúas de Marín ata a "Escola Naval". Pasámolo xenial cantando, saudando, recoñecendo os distintos espazos, etc.



Por outra parte, recibimos a visita do "MAGO PACO" que nos ofreceu un espectáculo de maxia do máis especial relacionado co NADAL. Ao finalizar déronnos unha carta para que cada nen@ lle encargue o seu regalo a "Papá Noel".



PROPOSTAS DO NADAL


POSTAL DE NADAL

DESENVOLVEMOS A CREATIVIDADE DECORANDO ÁRBORES DE NADAL; A LÓXICA SECUENCIANDO IMAXES E BUSCANDO PARELLAS...

PORTADAS DOS TRABALLIÑOS



Por certo, ollade a decoración da nosa porta! FOI UN ÉXITO!



XOGOS DE LÓXICA EN EQUIPOS DE MESA

Durante a mañá levamos a cabo actividades con distintos agrupamentos. Aproveitamos os equipos de mesa para presentar novos materiais e para reforzar o "sentido de equipo".
Neste caso os nen@s comezan a experimentar coas REGRETAS. O primeiro paso é familiarizarse con elas a través de contruccións e creacións persoais. Desta forma chegan a comparar o seu tamaño e darse conta o que representa cada unha delas.




Outros materiais son: xogos de equilibrio, formas xeométricas, roda numérica, animais para clasificar...


sábado, 7 de diciembre de 2019

NOVAS DO ALUMNADO DE 3 ANOS.

O alumnado de 4º de Educación Infantil segue traballando por recunchos.

Aquí deixámosvos algunhas das actividades feitas durante os últimos días (os recunchos están explicados noutra entrada por si queredes ter máis información de cada un deles): 

Recuncho das letrasonde seguimos traballando co proxecto do nome, entre outras propostas como veredes nas seguintes fotografías.

Recuncho da lóxica-matemática

Recuncho da arte: Onde fixemos algunhas propostas novas en relación co Nadal!
Fixemos unha postal de Nadal, decoramos as xanelas con diferentes adornos e neve... divertímonos moito!
Recuncho do xogo simbólico

Estamos facendo visitas a biblioteca, sen participar no programa do préstamo ata o segundo trimestre!

No patio imos xogando cada vez máis cos nenos e nenas da clase e co alumnado do colexio!
 Algúns ata se animan a escribir coas xices algunhas das letras que xa estamos traballando! 
Para visualizar todas as fotografías FACEDE CLIC NESTE ENLACE.