RECTA NUMÉRICA: repartimos os números (do 0 ao 10) e nos ordenamos. Unha vez que estamos colocados, un compañeiro/a sae da clase e ao entrar ten que adiviñar que números están desordenados; cal falta...
DESCOMPOSICIÓN DOS NÚMEROS: repartimos un número a cada nen@ e colocamos dentro de cada aro a descomposición dese número en forma de: dado, ficha de dominó, dedos da man, puntiños, etc.
Para motivar máis a actividade bailamos ao ritmo da música e cando para de soar buscamos a descomposición do noso número. Finalmente comprobamos.
SERIES COS NENOS/AS: a mestra selecciona catro nenos/as e realiza unha serie con eles. Unha vez que están colocados, teñen que adiviñar en que se fixou a mestra para facer a serie. Neste caso a característica seleccionada foi:
- A cor do xersei: rosa/vermello.
- cremalleira/non cremalleira.
- calzado con velcro/cordóns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario