Hoxe martes 12 de novembro celembramos o MAGOSTO no C.E.I.P. Carballal.
Previamente todo o alumnado de Educación Infantil, elaborou unhas pulseiras decorando unha castaña para identificar o equipo de cada xogo, quedando de recordo deste día.
Tamén saímos ao patio a ver como a ANPA asaba as castañas, e pintarnos a cara coa cinza. A choiva non nos deixou celebrar este día ao aire libre pero puidemos comelas e facer os xogos dentro do cole. Pasámolo xenial!
Os xogos que había en cada estación, foron os seguintes:
Zancos e bolos.
"Seguindo as pegadas para chegar a ra" e raquetas.
Circuíto e argolas.
Dende aquí queremos agradecer a ANPA pola súa colaboración. Para ver todas as fotografías do alumnado de Educación Infantil, facede clic aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario