Comezamos proxecto moi emocionad@s!!
En primeiro lugar, recollemos as ideas previas dos nenos/as e apuntamos as cuestións que queremos investigar.
Un dos obxectivos do proxecto é favorecer e enriquecer a autoestima e autoconfianza dos nenos/as, tendo en conta que tod@s temos algún superpoder.
Pedimos a colaboración das familias para que cada nen@ describise cal é o seu superpoder, así coma os aspectos positivos nos que destacan. O resultado foi do máis orixinal: "supercreador", "super gimnasta de fuego", "super primo cariñoso"... Pouquiño a pouco imos vendo o traballo de cada neno/a.
Ademais estamos recibindo moito material: disfraces, antifaces, quebracabezas, bonecos...
Moitas grazas pola vosa colaboración!
Alumnado de 5 anos:
Imos presentando algún xogo relacionado co proxecto:
![]() |
Facemos SERIES cos superheroes e superheroínas Para visualizar máis fotos do PROXECTO fai clic aquí. |
![]() |
Presentamos ilusionados os traballos aos compañeiros e compañeiras! |
![]() |
Compartimos os diferentes materiais que achegaron as familias. |
![]() |
Identificamos os superhéroes e superheroínas e divertímonos con xogos como o memory e quebracabezas de superhéroes. |
![]() |
Outras propostas do noso proxecto! Para visualizar todas as fotografías relacionadas co PROXECTO "SUPERHEROES E SUPERHEROINAS", facede clic aquí. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario