martes, 26 de noviembre de 2019

CONMEMORACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO

O alumnado de Educación infantil conmemorou este luns, 25 de novembro, o día Internacional contra a violencia de xénero

Nas aulas, falamos das palabras e mensaxes negativos cara as mulleres. De maneira simbólica, derrubamos con mans recortadas, un muro anegado de palabras horribles relacionadas coa violencia machista


Para visualizar todas as fotografías de todos os nenos e nenas de Educación Infantil, pinchade aquí.

Queremos compartir con vos un resumo deste día. Grazas ao mestre Victor por esta montaxe!

sábado, 23 de noviembre de 2019

LÓXICA-MATEMÁTICA

RECTA NUMÉRICA: repartimos os números (do 0 ao 10) e nos ordenamos. Unha vez que estamos colocados, un compañeiro/a sae da clase e ao entrar ten que adiviñar que números están desordenados; cal falta...


DESCOMPOSICIÓN DOS NÚMEROS: repartimos un número a cada nen@ e colocamos dentro de cada aro a descomposición dese número en forma de: dado, ficha de dominó, dedos da man, puntiños, etc.
Para motivar máis a actividade bailamos ao ritmo da música e cando para de soar buscamos a descomposición do noso número. Finalmente comprobamos.




SERIES COS NENOS/AS: a mestra selecciona catro nenos/as e realiza unha serie con eles. Unha vez que están colocados, teñen que adiviñar en que se fixou a mestra para facer a serie. Neste caso a característica seleccionada foi:
- A cor do xersei: rosa/vermello.
- cremalleira/non cremalleira.
- calzado con velcro/cordóns.

COMEZAMOS NOVO PROXECTO: "SUPERHEROES E SUPERHEROINAS"

Comezamos proxecto moi emocionad@s!!
En primeiro lugar, recollemos as ideas previas dos nenos/as e apuntamos as cuestións que queremos investigar.
Un dos obxectivos do proxecto é favorecer e enriquecer a autoestima e autoconfianza dos nenos/as, tendo en conta que tod@s temos algún superpoder. 
Pedimos a colaboración das familias para que cada nen@ describise cal é o seu superpoder, así coma os aspectos positivos nos que destacan. O resultado foi do máis orixinal: "supercreador", "super gimnasta de fuego", "super primo cariñoso"... Pouquiño a pouco imos vendo o traballo de cada neno/a.
Ademais estamos recibindo moito material: disfraces, antifaces, quebracabezas, bonecos...

Moitas grazas pola vosa colaboración!
Alumnado de 5 anos:


Imos presentando algún xogo relacionado co proxecto:
Facemos SERIES cos superheroes e superheroínas

Para visualizar máis fotos do PROXECTO fai clic aquí.


Alumnado de 3 anos:
Presentamos ilusionados os traballos aos compañeiros e compañeiras!
Compartimos os diferentes materiais que achegaron as familias.

Identificamos os superhéroes e superheroínas e divertímonos con xogos como o memory e quebracabezas de superhéroes.
Outras propostas do noso proxecto!

Para visualizar todas as fotografías relacionadas co PROXECTO "SUPERHEROES E SUPERHEROINAS", facede clic aquí.

jueves, 21 de noviembre de 2019

ESTA SEMANA OS NENOS/AS DE 5º DE INFANTIL ESTIVEMOS TRABALLANDO COA MESA DE LUZ , FACENDO ACTIVIDADES DE LÓXICA.MATEMÁTICA   A TRAVÉS DA ROBÓTICA E TRABALLAMOS DE FORMA COOPERATIVA  DECORANDO AS LETRAS DOS NOMES DOS ENCARGADOS DE ESTA SEMANA.



domingo, 17 de noviembre de 2019

AS NOSAS MASCOTAS

Ao comezo de curso o alumnado de 5 anos decidiu que quería investigar sobre as mascotas. Así que aproveitamos para que cada neno/a presentase e nos aportara información sobre a súa mascota: como se chama, onde durme, con quen xoga, que come, cantos anos ten...
Todos/as estaban moi ilusionados por contar e ter un pequeno momento de protagonismo, onde ademais traballamos aspectos como: saber escoitar, levantar a man para preguntar, respetar as opinións dos compañeiros/as, traballar a expresión oral, etc.





Tamén fixemos XOGOS relacionados cos animais: relacionamos cada animal coa súa pegada; clasificamos animais atendendo a onde se curan (veterinario ou zoo e granxa); seleccionamos contos ("A qué sabe a lúa?"; "La ovejita que vino a cenar"...); adiviñanzas...


sábado, 16 de noviembre de 2019


DESCOMPOSICIÓN DOS NÚMEROS: primeiro ordeamos os números (do 0 ao 10) e a continuación buscamos entre as pezas de dominó a descomposición dese número. Tamén reflexionamos sobre as distintas formas de descompoñelo (5= 3+2; 4+1; 5+0)


Unha vez realizado o xogo, transcribimos no papel o traballo realizado.



PICTIONARY: escollemos unha tarxeta e intentamos representar o debuxo en papel antes de que finalice o tempo (empregamos un temporizador no ordenador). Unha vez finalizado o tempo, ensinamos aos compañeiros/as e teñen que adiviñar de que se trata. Pasámolo moi ben!



CONCIENCIA FONOLÓXICA: aproveitando a letra desta semana que nos traeu o COMELETRAS, clasificamos tarxetas segundo o son dos obxectos. 



martes, 12 de noviembre de 2019

MAGOSTO 2019

Hoxe martes 12 de novembro celembramos o MAGOSTO no C.E.I.P. Carballal

Previamente todo o alumnado de Educación Infantil, elaborou unhas pulseiras decorando unha castaña para identificar o equipo de cada xogo, quedando de recordo deste día. 

Tamén saímos ao patio a ver como a ANPA asaba as castañas, e pintarnos a cara coa cinza. A choiva non nos deixou celebrar este día ao aire libre pero puidemos comelas e facer os xogos dentro do cole. Pasámolo xenial!

Os xogos que había en cada estación, foron os seguintes: 

Zancos e bolos

"Seguindo as pegadas para chegar a ra" e  raquetas
Circuíto e argolas

Dende aquí queremos agradecer a ANPA pola súa colaboración. Para ver todas as fotografías do alumnado de Educación Infantil, facede clic aquí


lunes, 11 de noviembre de 2019


ESTA SEMANA OS NENOS/AS DE 4 ANOS ESTIVEMOS  EXPERIMENTANDO COAS MATEMÁTICAS DE FORMA MANIPULATIVA E TAMÉN  FIXEMOS ACTIVIDADES DE GRAFOMOTRICIDADE  CON MÚSICA.






                                 



viernes, 8 de noviembre de 2019

ARTE: "RITMOS DO OUTONO"- JACKSON POLLOCK

Convertémonos en ARTISTAS e levamos a cabo unha sesión de ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE a través do "SOPRO".
Partimos do cadro de arte "Ritmos do outono" de Jackson Pollock. Falamos das cores, do que pode estar representando o artista, e entre as respostas dos nenos/as atopamos: 
- "Son hojas del otoño cayendo de los árboles".
- "Palos, erizos...".
- "Dinosaurios".
- "Parece el viento moviendo las hojas".
- "Parece un cuadro de Picasso".
- "Colores volando"

E á hora de poñerlle un título ao cadro foron do máis orixinais:
- "Colores Comecastañas".
- "El otoño".
- "Supermegaarena"
- "Pintando el arte".
- "Las hojas que caen de los árboles".
- "El cuadro de Pikachu"



ESTE FOI O RESULTADO FINAL!!

Para ver todas as fotos pincha aquí


jueves, 7 de noviembre de 2019

XOGAMOS EN GRAN GRUPO


Seguimos iniciándonos na lectoescritura e na lóxica-matemática a través de xogos vivenciais e manipulativos.
Neste caso traballamos a CONCIENCIA FONOLÓXICA a partir dun panel e unha ruleta. En primeiro lugar situámonos no punto de "SAÍDA" e damos os pasos que nos indica a ruleta. Unha vez que recoñecemos a letra que nos tocou, volvemos a darlle e nos fixamos na categoría semántica que temos que contestar (animais, roupa, deportes...)


Xogamos ás ADIVIÑANZAS empregando como elemento motivador "un robot". Unha vez que respondemos á adiviña buscamos a resposta no panel e marcamos a secuencia no robot.

                     

"¿QUÉ TENGO EN EL COCO?": estimulamos a expresión oral a través deste xogo tan divertido. Consiste en realizar preguntas aos compañeiros/as para adiviñar a imaxe que temos na cabeza. Ex: É un animal?, Vive na auga?, Ten 4 patas?,...




Estimulamos o sentido do "OÍDO" recoñecendo a voz do compañeiro/a que nos está falando.



Lóxica-matemática: ordeamos a recta numérica (1-10); recoñecemos o número que falta na recta; buscamos o número anterior e posterior, etc.


Tamén aproveitamos elementos do outono para inventar PROBLEMAS VIVENCIAIS e así iniciarnos nas operacións de suma e resta.






martes, 5 de noviembre de 2019

O MARTES 29 DE OUTUBRO CELEBRAMOS O SAMAÍN NO C.E.I.P. CARBALLAL!

O martes 29 de outubro, o alumnado de Educación Infantil celebrou o Samaín.
Pintamos caretas de personaxes do Samaín como podedes ver nas imaxes.

Algúns nenos e nenas atrevéronse a pasar polo túnel do terror que preparou a ANPA. Ollade que disfraces maís terrorificos!

Para visualizar todas as fotografías do alumnado de 3 anos, pinchade neste enlace.


QUE CABAZAS MÁIS ORIXINAIS!!



As mestras de Educación Infantil representamos o conto de "Corre corre, cabaciña", (xa que o estivemos traballando estes días) de ahí os nosos disfraces!


sábado, 2 de noviembre de 2019

 ESTA SEMANA PASÁMOLO XENIAL , FESTEXANDO O SAMAÍN NO COLE. 
FIXEMOS MÁSCARAS, DISFRAZÁMONOS, FIXEMOS  A NOSA PROPIA MERENDA TERRORÍFICA...E  MOITAS OUTRAS COUSAS, FOI UNHA SEMANA MOI DIVERTIDA!