A mellor forma de que adquiran os conceptos lóxico-matemáticos é a través da vivenciación e o xogo. Desta maneira estivemos traballando os "CONXUNTOS" facendo paquetes de 3, 4, 5... nenos/as.
En primeiro lugar bailamos ao ritmo da música sen tocar os aros e cando a música pare a mestra di o número de nenos/as que deberá haber en cada paquete. Unha vez que están feitos contamos cantos paquetes fixemos e se quedou algún neno/a fóra.
Tamén identificamos os números a través do tacto (fixéronno moi rápido). Unha vez identificado representamos o número co corpo, buscando diferentes estratexias.
Traballamos a grafía, direccionalidade dos números, resolución de problemas, estimulamos os sentidos... e sobre todo:
Traballamos a grafía, direccionalidade dos números, resolución de problemas, estimulamos os sentidos... e sobre todo:
Divertímonos moito!!
Finalmente traballamos a lóxica e a lectoescritura unidas. Clasificamos obxectos atendendo ao número de sílabas (conciencia silábica) e facemos o reconto de cada grupo.
Outra variedade que presentamos consiste en xuntar obxectos que empezan pola mesma sílaba: VACA-VASO; LANA-LÁPIZ; LIMÓN-LIBRO...
CANTO APRENDEMOS XOGANDO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario