Esta semana o alumnado de Infantil estivo traballando a través de diferentes propostas o conto "CORRE, CORRE, CABACIÑA".
Traballamos de maneira GLOBALIZADA, dando resposta a cada un dos bloques de contidos: expresión oral e escrita (xogos de letras, creación de personaxes); linguaxe audiovisual (LIM); musical (canción); lóxica-matemática (memoy, secuenciamos o conto); a hixiene persoal e a saúde (obradoiro de cociña); cultura e vida en sociedade (convivencia, respeto polos compañeiros/as; achegamento a unha celebración/festividade...)
![]() |
Vocabulario do Samaín a través de xogos de letras. |
![]() |
Coñecemos os personaxes do conto, construindo os seus nomes. |
![]() |
Cada aula de Infantil decorou un dos personaxes do conto. |
Na aula de 3 anos decoramos o OSO, na de 4 anos o LOBO e na de 5 anos o LEÓN.
![]() |
Creamos personaxes do Samaín empregando "resaques". Unha vez que marcamos o debuxo, o decoramos para posteriormente colocar no corredor. |
![]() |
Xogamos ao MEMORY co conto "Corre, corre, cabaciña". Un xogo que lles encanta! |
![]() |
LIM do conto: quebracabezas, ordeamos letras para construir nomes, sopa de letras... |
Finalmente levamos a cabo un OBRADOIRO DE COCIÑA do máis terrorífico en cada aula de Infantil. Arañas, cabazas e pantasmas...con mandarinas, plátanos, galletas... e algunha larpeirada!
Relambimos os dedos!!
Alumando de 3 anos: Facer clic aquí para ver todas as fotografías do obradoiro de cociña de 3 anos.
Alumnado de 5 anos: facer clic aquí para ver todas as fotos do obradoiro de cociña de 5 anos.
ASÍ DE TERRORÍFICAS QUEDARON!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario