Queremos contarvos o que estamos facendo estes últimos días e como organizamos a clase de 4º de Educación Infantil.
Comezamos a ensinar as fotografías que trouxo o alumnado (en relación coa familia e/ou viaxes) na asamblea. Os nenos e nenas móstranse moi contentos explicándolles aos seus compañeiros e compañeiras as súas fotos! Entre todas elixen unha e así imos elaborando o noso mural.
Grazas ás familias por todas as fotografías enviadas.
Grazas ás familias por todas as fotografías enviadas.
Organizamos a clase por recunchos, con distintas propostas para cada un deles. Algúns exemplos de actividades para cada recuncho, son as seguintes:
Recuncho das letras: con materiais para traballar a escritura, o vocabulario, os nosos nomes,... como: lousa magnética con letras para compoñer o seu nome, pinzas con letras (traballando así a motricidade fina), tapóns con letras, siluetas de letras, libros de grafismos que axudan á preescritura con caixiñas de sal... Pouco a pouco iremos engadindo materiais novos.
Iniciamos aquí o noso proxecto do nome.
Recuncho da lóxica-matemática: a través do contacto directo cos obxectos incorpóranse nocións de forma, tamaño, espazo, tempo, clase e número. Empregamos: bloques lóxicos, quebracabezas, memori, xogos con pompóns, materiais para facer series e clasificar, entre outros.
Recuncho da arte: este recuncho axuda a desenvolver a creatividade do alumnado, ademais da psicomotricidade fina, a coordinación óculo-manual, entre outros: rotuladores, ceras, pinceis, acuarelas, plastilina, area máxica, paletas para moldear, pegamentos... iremos engadindo máis propostas ao longo do curso.
Recuncho do xogo simbólico: o xogo simbólico é unha manifestación da función simbólica, moi importante para o desenvolvemento evolutivo destas idades. Permite ao alumando representar situacións mentais reais ou ficticias, desenvolvemendo a linguaxe e a imaxinación. Xogan a mamás e papás, a ser médicos, a representar contos (como Martín e Andy que xogan a representar o conto de Caperucita como podedes ver nas imaxes), etc. Materiais como: cociña, casiña, supermercado, pista de coches, bonecos, disfraces, alimentos, coches de xoguetes...
Recuncho da biblioteca: recuncho beneficioso para a familiarización do alumnado coa literatura: contos con imaxes, contos para desenvolver o sentido do tacto, contos musicais, para ler ás escuras, revistas, cómics...entre outros.
O encargado do día e o axudante do encargado xa reparten os manteis (decorados por eles) para a merenda. Ollade que ben o fan!
Pouco a pouco iremos introducindo outros recunchos, como o recuncho da robótica, recuncho do ordenador e recuncho da natureza.
Por último, queremos ensinarvos como van gardando eles solos as fichas nos seus casilleiros, e o noso semáforo de conducta para mellorar así o comportamento para unha mellor convivencia na aula!
![]() |
Facer clic aquí para ver todas as fotografías. |
Que trabajadores!!!👏👏👏
ResponderEliminar