Esta semana estivemos vendo as cousiñas do outono que aportaron as familias: castañas, bellotas, cabazas, mazás, follas, piñas, mazarocas ou espigas de millo, améndoas,... Cada neno/a foi metendo nunha cestiña para así ordear e clasificar todo o material. Formará parte da nosa mesa do outono de cada clase de Educación Infantil. Está cheiña de cousas!
Moitas grazas pola vosa colaboración!

|
ARTE: pintamos follas do outono con témperas sólidas. Formará parte da decoración do pasillo.
Tamén debullamos (traballando así a motricidade fina) e pintamos unha mazaroca. Divertíronse moito! |
XOGOS DO OUTONO:

|
SERIES: con follas e froitos do outono. Seguimos a secuencia. |
 |
CONXUNTOS: Contamos os elementos do outono e poñemos o número. |
 |
PIZARRAS CO VOCABULARIO DO OUTONO. |
 |
CABAZAS NUMÉRICAS (RELACIÓNS): relacionamos cada cabaza representada por un número cos puntiños correspondentes.
Paseos de outono cos amigos polo patio.
|
 |
Mesa do outono de 6º de Educación Infantil. O alumnado vai elaborando os carteliños para rexistrar cada elemento do outono. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario