De maneira espontánea xurdiu na clase de 5 anos unha situación que grazas aos nenos/as de 6º de primaria chamámoslle "electricidade estática".
Xogando cun globo e cun papel ao frotar dímonos conta de que se o achegábamos ao pelo dos compañeiros/as movíase e pegábase ao globo.
Aproveitando que o alumnado de 6º de primaria estaba investigando e facendo experimentos na clase, pedímoslles que nos explicase máis cousiñas sobre o tema.
Prepararon moitos experimentos!! Entre todos/as faciamos HIPÓTESES sobre o que acontecería a continuación... e despois por suposto comprobábamos!!
Tanto nos gustou que comezaremos a facer algún na clase e despois poderemos explicarllo a eles!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario