Para favorecer a "Acollida" o alumnado de 5 anos desfrutou dun photocall con divertidos accesorios. Ademais levamos a cabo a dinámica da "PELOTA" para presentarnos e dicir algo que nos gusta moito. A maioría coincidimos: ir a praia, ao parque, xogar coa bici, xogar coas mascotas...
Os primeiros días estivemos coñecendo os novos espacios e materiais. Tamén establecemos as normas e adaptámonos ao ritmo da clase.
Recanto da Biblioteca: lecturas compartidas, diálogos, creatividade e imaxinación...
Recanto das letras: rodas de conciencia fonolóxica, grafía das letras, selos de letras, caixiña de area ou sémola...
Recanto da lóxica-matemática: creamos figuras con paus depresores, xogos con pompóns, asociamos grafía con cantidade, memori, quebracabezas, construccións...
Propostas de natureza: son espontáneas e creativas. Están relacionadas coa estación na que nos atopamos. Neste caso consiste en crear mandalas con elementos da natureza (cunchas, pedras...); decorar "estreliñas de mar" introducindo boliñas (psicomotricidade fina), entre outras.


Recanto de arte: debuxo libre con distintos materiais, plantillas, témperas sólidas, "collage"...
Recanto do xogo simbólico: representamos situacións da vida cotiá (facemos a comida, imos ao super, xogamos coa caixa de ferramentas...)
No hay comentarios:
Publicar un comentario