Esta semana tivemos dous eventos importantes. Por un lado, SAÍMOS EN TREN dende a escola, pasando polas distintas rúas de Marín ata a "Escola Naval". Pasámolo xenial cantando, saudando, recoñecendo os distintos espazos, etc.
Por outra parte, recibimos a visita do "MAGO PACO" que nos ofreceu un espectáculo de maxia do máis especial relacionado co NADAL. Ao finalizar déronnos unha carta para que cada nen@ lle encargue o seu regalo a "Papá Noel".
