Esta semana recibimos a visita da Banda de Música da Escola Naval. Estivemos moi atentos/as as explicacións dos instrumentos e gozamos dunha xornada festiva escoitando e bailando cancións dos anos 70 e algunhas máis actuais.
Os pequerrechos de Tambo
sábado, 11 de marzo de 2023
8 de marzo - "Elas argallan a nosa historia"
No mes de marzo conmemoramos o "Día internacional da Muller" e este ano baixo o lema "Elas argallan a nosa historia". Entre as actividades destacamos:
- Contacontos "Non a todas as nenas lles gusta o rosa" na Biblioteca do centro. Este conto foi interpretado por Flora (exalumna do Carballal e antiga presidenta da ANPA) e o profe Alberto.
- Obradoiro de sementes.
O venres recibimos a visita de Carmen Castro que foi mestra de Ed. Infantil no noso centro 34 anos. Preparounos un obradoiro de sementes e pasamos unha mañá moi especial e divertida.
O alumnado de 3 anos plantou leitugas, os de 4 anos amorodos e os de 5 anos chícharos.
Por último plantamos na entrada do cole un CAMELIO todos/as xuntos!
Moitas grazas profe Carmen!
lunes, 20 de febrero de 2023
sábado, 4 de febrero de 2023
Visita á Galiña Azul
O alumnado de 6º de Ed. Infantil, acompañados da mascota do cole "Tambo", visitaron a Galiña Azul para representar a canción "A mellor sopa do mundo" e desfrutar dunha xornada todos xuntos. Algúns compañeiros/as interpretaron a canción en lingua de signos.
Como recordo da actividade decoraron as carautas dos animais do conto por parellas.
Tamén papamos un biscoito de benvida que estaba riquísimo.
E por último, intercambiamos agasallos e xogamos moito. Unha experiencia moi bonita que seguro que repetiremos.

Moitas grazas polo recibimento!
viernes, 27 de enero de 2023
Propostas de inverno
Pintamos con xeo
Actividades de lectoescritura (bote con elementos do inverno, iniciais..) e lóxica-matemática (xogos cos dados, conteo, lince do inverno...)
Xogos invernais en psicomotricidade, arte (flocos de neve), TIC (Lim do inverno), experimento (desconxelamos animais).
jueves, 26 de enero de 2023
NADAL 2022
No mes de decembro as actividades da aula partiron do noso CALENDARIO DE ADVENTO.
Saímos no TREN DE NADAL a dar unha volta por Marín.
REGALO DO AMIGO INVISIBLE cos compañeiros/as da clase.
domingo, 15 de enero de 2023
Momentos no patio
Recanto da calma para os momentos no patio, con contos, quebracabezas, material para debuxar...
Xogos no exterior
Suscribirse a:
Entradas (Atom)